Pandereteiras

O apartado de pandeireta ten dúas etapas na historia da asociación, ten os seus comezos no curso 1988-89 e vai trocando tanto de compoñentes como de directores ata a súa desaparición no ano 1999. Xa no 2006, ábrese unha escola de canto e pandeireta e constitúese o actual grupo de pandereteiras.

A actual directora é Margó Gayoso, cuxa metodoloxía baséase no ensino de cantigas populares froito do traballo de recolleita feito por ela e pola A.C. Lembranzas da Ría.

Esta formación interpreta cantares de distintos puntos de Galicia. Segundo as características e procedencia do tema, aparte da pandeireta as compoñentes do grupo a utilizan outros instrumentos de percusión como poden ser a lata, culleres, botella de anís, pandeira, etc. Cando é necesario, tamén serven de acompañamento as pezas do apartado musical xa sexan grupais ou solistas.