O cuarteto tradicional está formado por dúas gaitas, tamboril e bombo, mentres que a charanga, tendo base o cuarteto tradicional, engádeselle instrumentos tales como clarinete, saxofón, requinta, acordeón, tamboril, bombo-chaston e pandeireta, así como o acompañamento de voces do grupo de pandereteiras nas pezas que así o requiren.
Dende a constitución do grupo ata a fundación da Charanga, a parte melódica corría cargo do cuarteto tradicional. A finais do ano 2002, co fin de enriqucer as actuacións fórmase Charanga.
Orixinalmente a parte instrumental limitábase a acompañar á formación de baile, pero co paso do tempo son distintas festas e festivais que requiren a súa presencia para tocar. Esta demanda fai que se consoliden tanto o cuarteto como a charanga e gañen un papel protagonista dentro da asociación.