O Grupo de Baile, dirixido dende o 1994 por Manolo Cobas, é o núcleo da Asociación.
Pretende amosar un repertorio variado no que se reflexa o traballo de campo realizado polo director e compoñentes do grupo.
O acompañamento musical para a execución de cada unha das pezas é realizado polas outras formacións do grupo como a charanga, cuarteto tradicional e pandeireteiras ou por solistas tocando gaita, requinta, acordeón, violín, etc.